O SNL do Porriño


O Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño (inserido na Concellería de Educación e Normalización Lingüística) nace co obxectivo de facer visible a lingua galega na sociedade porriñesa a través de iniciativas de normalización e dinamización lingüística, organizadas tanto pola Xunta de Galicia coma polo propio Concello.


Funcións


Concello

  • Fixar criterios lingüísticos e establecer modelos de documentos administrativos.
  • Asesorar lingüisticamente a Administración municipal.
  • Velar polo cumprimento da lexislación lingüística por parte da institución e por que se garantan os dereitos lingüísticos da cidadanía.
  • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.
  • Planificar, coordinar e difundir cursos de lingua galega entre o cadro de persoal.
  • Revisar e validar lingüisticamente os textos con maior difusión, impacto ou permanencia para garantir a calidade lingüística e o uso dunha linguaxe moderna, democrática e inclusiva. 
  • Elaborar e recomendar materiais específicos.
  • Resolver dúbidas lingüísticas.

Cidadanía

  • Fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade.
  • Planificar, xestionar e avaliar accións a prol da lingua galega na vila.
  • Propoñer accións concretas que conciencien a sociedade respecto do uso e prestixio da lingua galega.
  • Planificar e difundir a realización de cursos de lingua galega para a poboación en xeral.
  • Difundir materiais que contribúan á tarefa de promover a extensión do uso do galego.
  • Resolver dúbidas lingüísticas.

Día das Letras Galegas 2023

Francisco Fernández del Riego (1913-2010)

Create a website or blog at WordPress.com

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos